Iniciar sesión    Galego  Espanol




¿Qué producto busca?


Os nosos produtos
 
Información
Tódolos nosos produtos véndense por PESO.

Para indicar cantidades decimais utilice o punto (.).

Pode deixar anotacións sobre o pedido na parte de comentarios.
Confíe en nós
ladespensadegalicia.com nace xunto ao porto da Coruña co obxectivo de achegar a todos os puntos da Península Ibérica os produtos máis apreciados da costa galega: os seus mariscos e peixes.

O noso contacto diario cos pescadores que descargan a súa mercancía na lonxa da Coruña permítenos ofrecer aos clientes de ladespensadegalicia.com a mellor calidade e frescura e levarllo ao seu domicilio alá onde se atope.

Ladespensadegalicia.com ten o compromiso de servir os seus produtos en destino nun prazo máximo de 48 horas desde que se realiza o pedido na nosa páxina web. Nese momento, a nosa empresa comeza a xestionar a compra na propia lonxa.

COMO SE FAI O ENVÍO

Unha vez elixido o produto, ladespensadegalicia.com encárgase de embalalo con todas as garantías sanitarias, en caixas de poliestireno expandido, específico para a conservación de alimentos, mantendo en todo momento os produtos na temperatura adecuada para a súa perfecta conservación.

Con este fin, os envíos realízanse mediante a empresa de transportes Seur Frío, en vehículos frigoríficos, a temperatura entre 2 e 8º centígrados, que garanten manter a cadea de frío. E no prazo máximo de 24 horas fai a entrega do seu pedido no lugar que nos indicou. Todas as entregas fanse antes da 13.30 horas.

Os pedidos que sexan confirmados na web antes das 12.00 horas poderán servirse ao día seguinte, no prazo de 24 horas. Os que se reciban pasadas 14.00 horas xestionaranse para a poxa na lonxa da seguinte madrugada, e serán servidos nun prazo máximo de 48 horas desde o momento en realizou a súa petición en ladespensadegalicia.com.

Se non o podemos conseguir pómonos en contacto con vostede.


En ladespensadegalicia.com adoptamos todas as medidas necesarias para garantir a máxima seguridade e confidencialidade no tratamento dos seus datos de carácter persoal.

Para navegar por ladespensadegalicia.com non necesita proporcionar ningún dato persoal. Pode, polo tanto, facer unha visita totalmente anónima. Soamente no momento de realizar unha compra solicitaremos a súa dirección de correo electrónico e os seus datos de facturación e envío.

ladespensadegalicia.com usa cookies para manter toda a operativa de comercio electrónico durante a súa visita. A información almacenada nestas cookies non fai referencia a ningún dato de carácter persoal e destrúese unha vez terminada a visita.

Os datos recollidos no momento de realizar a compra, son incorporados á nosa base de datos e utilízanse exclusivamente para personalizar as súas posteriores visitas a ladespensadegalicia.com e para poder facturar e enviar os produtos que nos solicitou, así como para enviar información sobre ofertas e servizos que poidan resultarlle de interese. En ningún caso devanditos datos serán cedidos a terceiras empresas alleas a ladespensadegalicia.com.

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LORTAD), poderá en todo momento exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, simplemente enviándonos un correo electrónico a atencion@ladespensadegalicia.com.

Los clientes de ladespensadegalicia.com poderán en todo momento exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándoo por escrito á nosa dirección de correo electrónico.

Continuar
Compra [ver cesta]
  0 produtos
Os Máis Vendidos